Xeira de visitas do alcalde polas dependencias municipais co fin de achegar os novos obxectivos

Pontevedra
21 de xuño 2023

O alcalde, xunto cos diferentes responsables das áreas, conversou cos traballadores situados no CIM, no Chalé de Fontoira, a Casa Azul, Churruchaos e a Casa da Luz

O alcalde iniciou unha xeira de visitas polas dependencias municipais
O alcalde iniciou unha xeira de visitas polas dependencias municipais / Concello de Pontevedra

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, comezou este mércores unha serie de visitas polos distintos servizos e dependencias municipais. 

O obxectivo deste percorrido interno é transmitir os principais obxectivos da nova etapa que comeza trala súa elección como rexedor da cidade, así como os retos de futuro.

Ao longo deste mércores, Lores puido conversar cos diferentes traballadores das seguintes dependencias: o Centro de Información da Muller, o Chalé de Fontoira, a Casa Azul, Churruchaos e a Casa da Luz.

Está previsto que ao longo desta semana visite o resto de espazos municipais.