Centos de persoas concentráronse este luns na ponte da Barca e na rotonda da rúa Manuel del Palacio, en Pontevedra, para protestar contra a ofensiva militar israelí en Gaza coincidindo co paso da caravana de La Vuelta ciclista a España.
As manifestacións desenvolvéronse sen incidentes e estiveron marcadas por berros como "Non é unha guerra, é un xenocidio", "As nenas de Gaza non son unha ameaza", "O sionismo é terrorismo" ou "Israel asasina, La Vuelta patrocina", en alusión á participación do equipo Israel–Premier Tech na rolda ciclista.
A convocatoria reuniu a medio milleiro de persoas na Barca, moitas delas portando bandeiras palestinas e pancartas que denunciaban a situación en Gaza.
Os manifestantes intensificaron os apupos e os asubíos ao paso do pelotón, especialmente ao paso dos vehículos do equipo israelí, ante un amplo despregamento de axentes da Garda Civil e da Policía Nacional.
Na rotonda de Manuel del Palacio desenvolveuse unha segunda concentración, que contou coa presenza do alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, e varios membros do goberno local do BNG.

O rexedor expresou a súa firme condena ao que cualificou como unha "masacre" contra o pobo palestino e defendeu a súa participación na protesta: "Como alcalde, creo que teño que estar aquí", afirmou.
Fernández Lores denunciou que Israel "está a violar todas as leis da comunidade internacional" e que os ataques en Gaza constitúen un "asasinato directo" á poboación civil. "Isto non é unha guerra nin unha defensa de nada", asegurou.
Ademais, lamentou a morneza da comunidade internacional e afirmou que a palabra xenocidio "xa non me chega" para describir a situación.
"A masacre ao pobo palestino é insosteible socialmente. É imposible porse de perfil", engadiu o alcalde.
Fernández Lores tamén subliñou o dereito da cidadanía a manifestarse de forma pacífica: "Non me entra na cabeza que a ninguén que sexa medianamente razoable póidalle parecer mal que a xente se manifeste de forma tranquila e ordenada ante unha masacre universal que non é de recibo", afirmou.
Preguntado polos xornalistas, o alcalde de Pontevedra valorou como "positivos" os intentos do Goberno de España de facer unha "chamada de atención" ante a "inoperancia" da Unión Europea e da comunidade internacional, aínda que afirmou que "nos gustaría que fose máis contundente".
As protestas en Pontevedra enmárcanse nunha serie de mobilizacións convocadas en varias localidades galegas durante as etapas de La Vuelta, en denuncia pola participación do equipo israelí na competición ciclista.
RAFA DOMÍNGUEZ VE "DOBRE MORAL" EN LORES
O portavoz do grupo municipal do Partido Popular, Rafa Domínguez criticou a "dobre moral" do alcalde e pediulle actuar con "responsabilidade institucional" ante a participación de deportistas israelís en competicións.
Domínguez reprocha ao alcalde a súa "incoherencia", sinalando que se manifestou durante La Vuelta, "a pesar de non alzar a voz nin mostrar oposición algunha cando unha delegación israelí participou no Mundial Multisport celebrado en xuño".
O portavoz do PP subliña que "o deporte debe ser un espazo para a unión e o entendemento, non un escenario de confrontación ideolóxica" e asegura que "comportamentos irresponsables como os do alcalde fomentan reaccións violentas por parte dalgúns manifestantes".

Protestas propalestinas ao paso de La Vuelta por Pontevedra