A Asociación de Veciños de San Bartolomé de Xesta comunicou que o Arcebispado de Santiago de Compostela renunciou á propiedade do Casino dos Prados a través dun certificado exposto ao seu presidente Enrique Vaqueiro Costal.
Desde esta asociación transmitiron o seu agradecemento ao avogado Calixto Escariz polo seu asesoramento, ao Vicario Xeral de Santiago de Compostela pola súa atención e aos veciños de Xesta polo apoio maioritario para solucionar o problema.
Despois deste paso por parte do Arcebispado a Asociación veciñal de Xesta ponse a disposición dos veciños de Antas para apoiarlles na súa reivindicación para recuperar a Carballeira das Ermidas.
Ademais tómanlle a palabra do alcalde sobre o pago dos gastos de rexistro do casino dos herdeiros das leiras.
Enrique Vaqueiro apuntou que "o último paso será pescudar quen é o culpable deste dano parroquial e esixirlle responsabilidades".
Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde
Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.