Xoel Souto encabezará a candidatura socialista en Moraña

Umia
09 de novembro 2022

A presentación oficial celébrase este domingo, con presencia de Carmela Silva, David Regades e Alberto Varela

Nova executiva socialista en Moraña con Xoel Souto á cabeza
Nova executiva socialista en Moraña con Xoel Souto á cabeza / PSdeG-PSOE de Moraña

O edificio multiusos de Moraña acolle este domingo, ás 12 horas, a presentación oficial de Xoel Souto Eiras como candidato do Partido Socialista á Alcaldía de Moraña. 

No acto tomarán parte a presidenta da Deputación e do PSdeG-PSOE, Carmela Silva; o secretario xeral provincial e delegado da Zona Franca de Vigo, David Regades; e o alcalde de Vilagarcía e presidente da FEGAMP, Alberto Varela. Ademais intervirá a número 2 da candidatura socialista morañesa, Miryam Porta Fernández.

Xoel Souto preséntase por primeira vez ás eleccións municipais e asegura que a súa intención é "renovar o Concello de Moraña, que acusa unha forte parálise ao longo deste mandato cun alcalde desmotivado". Segundo sinala o candidato socialista "non hai ilusión, nin gañas de facer cousas; temos un concello que funciona por pura inercia".

Xoel encabeza "un equipo novo, composto por xente con gañas e moi representativo tanto da veciñanza como do territorio, pois hai integrantes de tódalas parroquias. Somos xente traballadora, que queremos a Moraña e queremos traer aires novos; un cambio que resulta imprescindible".