Xogos, inchables e espuma para unha divertida volta ao cole na Zona Monumental

Pontevedra
12 de setembro 2015

As prazas do centro histórico se convirtireon nunha festa de volta ao cole durante a tarde do venres na que participaron centos de nenos  

Festa de volta ao cole na Zona Monumental Cristina Saiz

Así, quen non quere volver ao cole?. As prazas do centro histórico enchéronse un ano máis de nenos para gozar da festa de volta ao cole.

A inciativa parte do Centro Comercial Urbano Zona Monumental, coa idea de dinamizar as prazas desta parte da cidade.

Durante catro horas os inchables, xogos pupulares e actividades tomaron as rúas para goce dos máis pequenos.

Unha festa da espuma na Praza da Pedreira finalizou a animada xornada, celebrada durante a tarde do venres.