Xornada de portas abertas para futuros residentes no Hospital Montecelo

Pontevedra
31 de marzo 2022

O Hospital Montecelo celebrou unha xornada de portas abertas na que participaron 80 futuros residentes de formación sanitaria especializada de Medicina, Enfermaría, Farmacia e Psicoloxía procedentes de toda España, unha cifra que a comisión de docencia valorou coma un auténtico éxito de participación

Xornada de portas abertas para futuros residentes no Hospital Montecelo Sergas

O Hospital Montecelo celebrou unha xornada de portas abertas na que participaron 80 futuros residentes de formación sanitaria especializada de Medicina, Enfermaría, Farmacia e Psicoloxía procedentes de toda España, unha cifra que a comisión de docencia valorou coma un auténtico éxito de participación.

O subdirector de Humanización, Calidade e Atención á Cidadanía, Jorge García-Borregón, deu a benvida aos futuros residentes cunha breve semblanza do entorno sanitario, cedendo posteriormente a palabra ao xerente da área sanitaria, José Ramón Gómez, que espuxo o organigrama dos centros que a integran e as principais especialidades dispoñibles nos mesmos. 

A continuación, o vicepresidente da comisión de docencia, o doutor Luís Anibarro, achegou os argumentos asistenciais, profesionais e persoais para que os futuros residentes se decanten por escoller as diversas opcións formativas tanto en Atención Primaria coma Atención Hospitalaria en Pontevedra e O Salnés, sinalando que eles serán, nun futuro cercano, a base do sistema sanitario público galego e que deles, coma profesionais da saúde, dependerá o bo funcionamento do mesmo.

Pola súa banda, a médico residente de quinto ano de Medicina Interna, Nuria Vázquez Temprano, incidiu na súa intervención na gran capacidade desta área sanitaria para adicar tempo á formación asistencial e cirúrxica.

Logo da presentación dos centros, os futuros residentes coñeceron de primeira man os servizos do seu interese. 

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora