Xulio Barreiro non tomará posesión como concelleiro electo do BNG de Poio

Poio
10 de xuño 2023

O concelleiro do BNG, Xulio Barreiro, confirmou este sabado que renunciará á súa acta de concelleiro para dedicar máis tempo á súa actividade profesional e á súa vida persoal, así como para "deixar paso a un equipo novo e renovado que tome o relevo na política municipal"

Xulio Barreiro, concelleiro do BNG en Poio BNG de Poio

O concelleiro do BNG, Xulio Barreiro, confirmou este sábado que renunciará á súa acta de edil na vindeira Corporación municipal de Poio para dedicar máis tempo á súa actividade profesional e á súa vida persoal, así como para "deixar paso a un equipo novo e renovado que tome o relevo na política municipal".

Xulio Barreiro ante a nova etapa que se avecina para o BNG dende a oposición, cree que "é o momento de dar un paso ao lado, incorporandose novas persoas con novas perspectivas".

O histórico concelleiro que acompañou ao alcalde Luciano Sobral asegura que seguirá traballando dende a organización "para recuperar en catro anos a confianza no proxecto do BNG da cidadanía de Poio".

A responsable local do BNG local e actúal voceira do grupo municipal, Marga Caldas dixo comprender a decisión, e recoñeceu "a valía, integridade profesional e capacidade de sacrificio" de Xulio Barreiro. 

"Eu tiven a fortuna de traballar con él e aprender estés 13 anos. Foi unha verdadeira honra", dixo Marga Caldas.

A acta vacante de Xulio Barreiro pasará a ser ocupada por Iago Garrido, actual presidente do Club de Balonmán Poio, que xa tomará posesión no pleno extraordinario do próximo sábado.