A playlist de...#12: Juan Manuel Corbacho

A playlist de...#12: Juan Manuel Corbacho

Ven | 21:00 | 22:13

Juan Manuel Corbacho é fillo de pontevedrés e caldelana, naceu en Alemaña. En Hannover viviu ata os 19 anos, cando a familia retornou da emigración e instaláronse en Pontevedra. Era o momento de incorporarse á vida universitaria e tanto que se incorporou!; licenciado en Publicidade e Relacións Públicas e en Tradución e Interpretación (fala cinco linguas). A súa vinculación coa entidade académica continuou como decano, posteriormente como profesor e desde 2014 como vicerreitor. Guiarse por estereotipos leva a erros; así que fora o traxe e a garavata e coñecemos a playlist de "Hans"  con camiseta de Blur e cazadora bomber.

A playlist de...

Nós propoñemos un invitado; eles e elas fan a súa selección musical

A playlist de...#81 José Freire

Ven | 21:00 | 22:41

José Freire, axente do Corpo Nacional de Policía recentemente xubilado e asesor -na actualidade- do Sindicato Nacional de Policía (SUP).

Descargar
A playlist de...#81 José Freire
Fechar