A playlist de... #126: 'Me quedo contigo'
Ven | 21:00 | 22:00
Dámoslle a volta á Playlist e en lugar de que unha persoa convidada faga a súa selección musical, esta vez unha canción 'selecciona' aos artistas que a versionaron ou adaptaron. Los Chunguitos publicaron en 1980 'Me quedo contigo' e este pasado 2 de febreiro, na Gala dos Premios Goya, Rosalía readaptó aquela rumba do chamado estilo 'Caño Roto' ao seu particular concepto musical. Entre aquela e esta escoitamos diversas interpretacións da canción.