Podcans #26
Dom | 21:00 | 21:24
Os expertos sinalan que actualmente hai en todo o mundo máis de 300 razas de cans. Ata un 80% delas non existían hai apenas 130 anos. Son os animais con maior diversidade de tamaño, forma e carácter en todo o planeta. Isto é así ao ser a especie onde a man do ser humano máis interveu.
En Podcans analizamos esta semana o recorrente debate sobre as razas.
Ademais, propoñémosvos como cada semana a adopción dun can. Neste caso, trátase de Choco, un animal de apenas un ano e que segundo os seus coidadores, a Canceira de Poio, é juguetón, cariñoso e ten moita enerxía. Os interesados en adoptalo poden chamar ao teléfono 620 14 60 33