El club de la esquina #101
Xov | 22:00 | 23:17
1970 trouxera unha década chea de creatividade e boas cancións. Seguía triunfando a música anglosaxoa con grupos como The Credence Clearwater Revival ou The Carpenters. En canto ao 'produto nacional' o pop conseguira definitivamente o seu lugar e naquel momento xurdiron formacións como Los Módulos. Ademais, outro xénero como a copla, deixou de ser un canto ao amor, o desamor ou o desengano para transitar cara a cancións máis lixeiras como as que fixeron triunfar a Manolo Escobar.