La Cafetera 10nov2017
Ven | 08:30 | 09:44
Poderiamos chegar a vivir nunha idiocracia? Seguramente esta é unha das preguntas que se desprenden da película "Idiocracia". A Cafetera de radiocable.com analizouna cos seus oíntes e alcanzou varias reflexións. Imos camiño de vivir nunha idiocracia? Nun sistema no que se premie a idiotez, no que se tente idiotizar á sociedade e que esta acabe votando a gobernantes incultos...
Pero algúns oíntes mesmo foron máis lonxe expondo que xa vivimos nunha especie de idiocracia. E comparábase cos pequenos logros que está a ter o discurso xenófobo da ultradereita en distintas partes do mundo. Fronte á idiotización da opinión pública existen varios antídotos pero os máis útiles, como se concluíu no programa, son e serán a educación e a cultura.