La Cafetera 13set2018
Xov | 08:30 | 09:42
A eurodeputada Lola Sánchez Caldentey alerta en 'La Cafetera' de radiocable.com da nova lei europea en materia de copyright. Unha directiva que “tal e como está feita dá moito poder ás plataformas, ás que imos converter en policías da internet e árbitros dos contidos que podemos ver ou non”. Para a parlamentaria europea de Podemos “é unha directiva feita con brocha gorda”. Porque “non se explicaron ben as consecuencias desta lexislación”. Para “os expertos na internet é impredicible” o impacto que pode ter e “ninguén sabe como pode afectar isto ao Internet como o coñecemos hoxe”.