A Cafetera #01dic2016
Xov | 08:30 | 09:30
Fernando Berlín, director da Cafetera de Radiocable, informou desde o acto de homenaxe pola morte de Fidel Castro na Praza da Revolución na Habana (Cuba). Desde aí pregúntase: "Que fíos tocaba alguén como Fidel para conseguir ese grao de popularidade, que chega practicamente ata o relixioso?". "Como unha illa cun puñado de habitantes conseguiu converterse nunha icona mundial?", sinalou. "O acto de homenaxe converteuse nun exercicio de orgullo latinoamericano e un acto de re-afirmación, que se expresaba de forma moi clara a través das palabras de Rafael Correa: Contigo, comandante Fidel Castro Ruz, con Camilo Cienfuegos, co Che, con Hugo Chávez Frías, aprendemos a crer no home novo latinoamericano, capaz de librar con organización e concicencia a loita permanente das ideas liberadoras para construír un mundo de xustiza e de paz".