La Cafetera #11abr2018
Mér | 08:30 | 10:27
A activista Helena Maleno foi entrevistada en "La Cafetera" de radiocable.com tras negar o ministro Zoido os informes polos que foi interrogada ante a xustiza marroquí. Tras as palabras do ministro do Interior, Maleno afirmou: “Aceléraseme o corazón, na espera que estou a sufrir eu agora mesmo pola decisión que ten que tomar o xuíz marroquí, cando o goberno nega cousas que eu lin e polas que fun interrogada”. O que lle produce “medo e indefensión”. “E pregúntome que hai detrás e quen vai realmente a defenderme nesta situación”.