La Cafetera 23mai2018
Mér | 08:30 | 10:06
O actor Willy Toledo foi entrevistado en 'La Cafetera' de radiocable.com tras eludir por segunda vez a súa cita ante un xuíz como investigado por un presunto delito contra os sentimentos relixiosos. Para Toledo o delito polo que foi chamado a declarar é “unha aberración”: “Estou a tentar apartar na medida do posible o foco do meu e poñelo no Código penal para que se derrogue o delito contra os sentimentos relixiosos”, asegurou.
Willy Toledo afirmou que asumirá “todas as consecuencias” pola súa negativa para acudir ante o xuíz: “o xuíz terá dúas opcións, que o próximo 28 de maio determine outra data, que non creo, ou que emita unha orde de busca e captura”, explicou.