Juanes, Ilegales, León Benavente, Besmaya e Guadi Galego, novos artistas para o PortAmérica 2024
Por Alejandro Espiño
Seguen as confirmacións para o festival PortAmérica, que celebrará a súa edición de 2024 na Azucreira de Portas os días 4, 5 e 6 de xullo. E, unha vez máis, faino sumando grandes nomes da escena musical nacional e internacional.
Un dos novos cabezas de cartel será o colombiano Juanes, unha das grandes estrelas da música latinoamericana, que actuará por primeira vez en PortAmérica tras forxarse unha carreira musical diversa e exitosa, fusionando maxistralmente pop e rock latino.
Para o creador de éxitos como "La camisa negra" o "A Dios le pido", o de Portas será o seu único concerto en Galicia durante todo o ano 2024.
Xunto con Juanes, PortAmérica engadiu ao seu cartel a Ilegales, banda pioneira do rock español con catro décadas ás súas costas; ou o grupo León Benavente, referencia dentro do indie rock nacional, coñecido por temas como "Ser Brigada" ou "Ánimo, valiente".
Besmaya, dúo revelación no pop estendido, que combina sons alternativos con tendencias actuais; e Guadi Galego, autora dunha narrativa musical única fusionando folk e pop en temas que exploran a identidade cultural de Galicia, completan este novo avance.
Todos eles súmanse ás bandas e artistas xa confirmados previamente, entre eles Aitana, Arde Bogotá, Vetusta Morla, Xoel López, Rodrigo Cuevas, Carlos Sadness, o rapero arxentino Milo J ou o cantautor brasileiro Toquinho.
Marilia Monzón, El Columpio Asesino, Burning, Standstill, Sarria e Shinova, xunto cos galegos The Rapants e Mondra e os mexicanos Caloncho e Sonido Gallo Negro tamén estarán en PortAmérica 2024.
Os abonos para asistir a PortAmérica 2024 pódense adquirir a través da páxina web do festival: portamerica.es.
Relacionadas:
-
Milo J cae de PortAmérica 2024, que incorpora a LIT Killah e El Drogas
Por Alejandro Espiño |
-
RADIO.- E sete anos despois, Guadi Galego regresa ao Principal de Pontevedra
Por Marisa Ciordia |
-
Luz Casal, Lila Downs, Babasonicos e Galician Army, catro novas incorporacións a PortAmérica 2024
Por Alejandro Espiño |
-
PortAmérica 2024 abrirá con Vetusta Morla e Xoel López e pechará con Juanes e Arde Bogotá
Por Alejandro Espiño |
-
RADIO.- Mürt publica esta semana o seu álbum debut: 'Walk into the mist'
Por Marisa Ciordia |
-
Aitana, Arde Bogotá e Vetusta Morla, entre os cabezas de cartel de PortAmérica 2024
Por Alejandro Espiño |
-
PortAmérica fixa as datas para a súa edición de 2024: os días 4, 5 e 6 de xullo
Por Alejandro Espiño |
-
PortAmérica, premiado como o festival español con maior sustentabilidade social
Por Alejandro Espiño |