Despois do paso da fronte fría durante a madrugada, o martes irá entrando o aire frío asociado e polo tanto quedaremos cunha xornada de inestabilidade e chuvascos. Deste xeito, o ceo estará parcialmente cuberto con chuvias probables en calquera punto da Comunidade, máis intensas e ocasionalmente acompañadas de treboadas no terzo norte. As temperaturas mínimas non terán cambios significativos e as máximas sufrirán un moderado descenso. O vento soprará do noroeste, con intervalos fortes entre Ortegal e Estaca de Bares.