A Coral Polifónica de Pontevedra programa tres concertos de Nadal
Por Redacción
A Coral Polifónica de Pontevedra ten previsto tres concertos este Nadal.
O primeiro terá lugar este vindeiro mércores 20 de decembro, as 19:15 horas, na Igrexa de San Bartolomeu de Pontevedra, o seguinte venres día 22 de decembro, ás 18:30 horas, actuarán na Residencia de Maiores de Campolongo, e o último será o Concerto de Aninovo, o 1 de xaneiro no Pazo da Cultura de Pontevedra, as 19:30 horas.
Nas dúas primeiras actuacións esta coral, dirixida por Nanette Sánchez Ordaz, estará acompañada pola pianista Andrea García González e intervirá como solista soprano Pilar Baamonde Lusquiños. O programa constará da interpretación de panxoliñas e obras de música sacra.
No concerto en San Bartolomeu tamén actuará a Coral de Vigo "Donas Canticum", baixo a dirección de Teresa Paz e acompañado con guitarras renacentista e barroca polo músico Aland López.
No Concerto de Aninovo a Coral Polifónica de Pontevedra acompañará ao cantautor Amancio Prada a Orquestra Sinfónica de Pontevedra e o grupo de gaitas Tequexetéldere, baixo a dirección de David Fiuza.