Historias teatralizadas colorearán o concerto de Nadal da Banda de Música de Salcedo
Por Redacción
Este sábado 23 de decembro, a partir das 20.00 horas, a Banda de Música de Salcedo subirá ao escenario do Pazo da Cultura de Pontevedra para ofrecer o seu tradicional Concerto de Nadal, cita obrigada todos os anos nestas festas.
Nesta ocasión, a agrupación de músicos estará acompañada pola actriz e directora teatral Cristina Collazo que ofrecerá escenas teatralizadas de historias con argumento relacionado co Nadal.
Cristina Collazo dedícase fundamentalmente ao teatro infantil e formou parte como trompista da Banda Recreativa e Cultural da Bandeira, unha actividade que lle mantén moi unida a estas agrupacións. Traballou en series como 'Dalia', 'A modista' ou 'Rapa'.
A asociación Músico-Cultural San Martiño organizadora do evento lembra que este concerto se destina a público familiar, que poderá gozar dunha proposta nova.
A entrada é libre ata completar a capacidade do auditorio do Pazo da Cultura.
Desde a asociación San Martiño tamén inciden en que esta actuación promove a recollida de alimentos non perecedoiros, que serán destinados posteriormente á Fundación Provincial Banco de Alimentos (Fesbal), que instalará un punto de recollida no Pazo da Cultura.
Relacionadas:
-
Música e contos teatralizados danse a man no concerto de Nadal da Banda de Música de Salcedo
Por Redacción |
-
Os cantos de taberna máis solidarios
Por Alejandro Espiño |
-
Unha pista de xeo na Praza de España, principal novidade no programa de Nadal
Por Anxo Lourido & Mónica Patxot |
-
A Asociación Músico-Cultural San Martiño celebrará o seu tradicional Concerto de Santa Icía
Por Redacción |