Ángeles Martín, Jorge Sanz e Gonzalo Hermoso traen a Pontevedra o éxito de Broadway 'Hechos y faltas'
![Oskar](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/b40/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/573b7bbf54-perfil.jpg)
Por Oskar Viéitez
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/44a/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/65d32ec5b9-1.jpg)
© TalyCual Producciones
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/e64/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/65d32ef376-2.jpg)
© TalyCual Producciones
O auditorio de Afundación en Pontevedra acollerá, o vindeiro xoves 21 de marzo, a obra de teatro 'Hechos y faltas', protagonizada polos actores Ángeles Martín, Jorge Sanz e Gonzalo Hermoso.
Trátase dun espectáculo adaptado e dirixido por Bernabé Rico, que estrea en España o éxito de Broadway escrito por Jeremy Kareken, David Murrell e Gordon Farrell.
A obra conta como o reputado autor John D'Agata escribe unha crónica sobre a taxa de suicidios en Las Vegas para unha das mellores revistas do país. Emily, a súa redactora xefa, encarga ao bolseiro Jim Fingal a verificación de feitos do escrito pero pronto se atopa cun problema: gran parte deles inventounos.
O que empeza como un traballo máis, pronto se converterá nunha hilarante historia que fala sobre os límites que separan os feitos e as faltas ou a ética e a estética na narración.
Unha obra que promete diversión e reflexión.