Especialistas en violonchelo, saxofón e clarinete ofrecen masterclass en Meaño
Por Redacción
A Escola de Música Municipal de Meaño organiza cursos masterclass para tratar aspectos musicais de tres insturmentos.
Segundo informa o Concello de Meaño, estas actividades formativas desenvolveranse os días 25, 26 e 27 do mes de marzo, coincidindo co inicio da Semana Santa.
As persoas encargadas de impartir as sesións serán María Jesús Hervás Brull sobre violoncelo; Javier Comesaña Davila que explicará técnicas co saxofón; e Uxía Bolaño Amigo, especialista en clarinete.
As persoas interesadas poden apuntarse ata o martes 19 de marzo a través de escola.emmm@gmail.com ou chamando a Juan Portela a través do teléfono 646.435.784.