O Museo de Pontevedra completa o ciclo de conferencias con motivo da Semana Santa
Por Redacción
Con motivo da próxima celebración da Semana Santa o Museo de Pontevedra ofrece as dúas últimas conferencias no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra, serán este xoves 14 e o venres 15 ás 19.30 horas.
Este xoves 14 Paula Tilve, responsable da área de Públicos do Museo, falará sobre 'A Virxe da Piedade a través da colección do Museo de Pontevedra'. A representación da piedade de María é un dos temas fundamentais do culto mariano na Igrexa católica e moi presente nos pasos procesionais de Semana Santa desde a Contrarreforma. Na súa intervención ademais fará un percorrido histórico artístico por esta temática a través da colección do Museo, que conta con obras de artistas galegos como Gregorio Ferro, Juan Luis López ou Castelao.
O venres 15 Esteban Cortijo Paralejo, catedrático e doutor en Filosofía, falará sobre 'Música e teosofía: Javier Pintos Fonseca e Mario Rosso de Luna'. Na súa intervención mostrará a importancia que tiveron o pontevedrés Javier Pintos e Mario Rosso de Luna na creación do Grupo Marco Aurelio de Pontevedra en 1913. Colectivo interesado na Filosofía, a Música e o estudo de textos relacionados coa Sociedade Teosófica e ao que pertenceron outros como Francisco Regalado, Luis Gorostola, ou Manuel R. Solano apoiados por intelecturales como Vicente Risco ou Rodríguez Aldao.
Relacionadas:
-
O Museo de Pontevedra recibe en doazón dous cadros de Manuel Abelenda
Por Redacción |
-
O Edificio Castelao acolle unha conferencia sobre as imaxes da Pascua pontevedresa na arte
Por Oskar Viéitez |
-
O sacerdote William Mora dá inicio aos actos previos da Semana Santa coa lectura do pregón
Por Mónica Patxot & Redacción |