"Hija de la luna", a homenaxe a Mecano que chegará a Pontevedra o 12 de abril
Por Redacción
Despois de sete anos de xira e máis de 300 concertos por España e Latinoamérica, Robin Torres púxose á fronte dun novo espectáculo que homenaxea a Mecano.
Trátase de "Hija de la luna", que está baseado na xira máis importante da carreira do trío formado por Ana Torroja e os irmáns José María Cano e Nacho Cano, Descanso dominical.
Non só foi o seu disco máis vendido, senón que os catapultou á fama e consolidounos como a lenda que son hoxe para tantas xeracións.
Este espectáculo representarase no auditorio de Afundación, en Pontevedra, o vindeiro venres 12 de abril, a partir das nove da noite.
O público pontevedrés poderá gozar dunha montaxe onde o vestiario e as coreografías están completamente renovadas, xunto a unha brillante escenografía e posta en escena espectacular, que farán que o público se reencontre coa verdadeira esencia de Mecano.