"Paquita and family", unha comedia surrealista, oferta de PoioEscena 2014 para este mes de febreiro
Por Redacción
Os amantes do teatro afeccionado teñen unha nova cita este venres 28 de febreiro co ciclo PoioEscena 2014. O Centro Cultural Xaime Illa de Raxó acollerá ás 21.00 horas a representación de Paquita and family, unha montaxe fresca e realista da compañía galega Intres Teatro.
Paquita and family, descrita como una comedia apta para todos os públicos, conta a historia dunha muller que loita polo ben da súa familIa, onde os seus aliados serán a súa nai e os seus inseparables patiños de goma.
Segundo Intres Teatro, esta obra leva dentro moitas mensaxes e moita crítica social endulzados con grandes doses de comedia surrealista. Esta peza naceu como Paquita e os seu patiños pero creceu en pouco tempo e apareceron nela máis personaxes e máis humor.
Paquita, a protagonista interpretada pola actriz Olga Abad, evoca persoaxes dende o seu teléfono, fai imaxinar ó espectador dende a súa butaca e crea o mundo, o seu mundo persoal, sobre o escenario, compartindo co público unha experiencia cómica única.
As entradas anticipadas xa están á venda a un prezo de 1,50 euros para o público en xeral e 0,50 euros para os socios da SCD Raxó, da SCD Samieira e da ACDeM Armadiña. Poden adquirirse na Biblioteca do Centro Cultural Xaime Illa ou na libraría Ardora de Raxó. Na billeteira custarán tres e un euro, respectivamente.