Elena Colmeiro, Play-Doc, o Concello de Barro e as bandas de Meaño e Lantaño, Premios Provinciais á Cultura
Por Oskar Viéitez
A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobou este venres a concesión dos Premios Provinciais á Cultura 2013, cos que esta institución quere recoñecer a aquelas persoas e entidades que cada ano contribúen a enriquecer e fortalecer o patrimonio cultural e artístico da provincia.
Os galardoados nesta edición son:
- Elena Colmeiro González, escultora e ceramista a quen a institución provincial premia toda unha carreira profesional no mundo da arte, que a levou a ser recoñecida desde os seus inicios como unha da mellores ceramistas de España.
- Asociación Cultural pola Creación Artística Enfoques, coa porta en marcha do Festival Play-Doc, como mellor proxecto innovador ou vangardista. Os Premios Provinciais á Cultura recoñecen o labor dun festival que este ano cumpre unha década de vida, sendo un referente no mundo do documental cinamatográfico.
- O Concello de Barro recibe o premio á protección do patrimonio público polo seu labor de recuperación e posta en valor do espazo natural do parque da natureza Río Barosa, conseguindo a reparación dos muíños de auga e o patrimonio etnográfico e artesanal.
- Asociación Cultural Unión Musical de Meaño e a Banda de Música La Unión de Lantaño reciben o premio Diosiño, dotado igual que os anteriores con 6.000 euros. No primeiro caso polo labor musical que leva a cabo desde o ano 1830, o que a converte nunha das máis antiga de Galicia; e a Lantaño polo seu labor de integración, difusión e desenvolvemento da música que leva a cabo no Concello de Portas dende o ano 1870.