Máis de 3.600 persoas viron en Afundación de Pontevedra as mellores fotos da natureza
Por Redacción
Máis de 3.600 persoas, case 1.900 alumnos de centros escolares, visitaron no Café Moderno Afundación de Pontevedra, a exposición "Fotógrafos da natureza 2014. European Wildlife Photographer of the Year", que permaneceu aberta entre o 24 de outubro de 2014 e o 3 de xaneiro de 2015.
Na mostra, as imaxes preséntanse acompañadas dun breve texto explicativo en que os fotógrafos comentan as anécdotas, as técnicas, as intencións e as curiosidades das súas instantáneas.
Ademais, ao longo dos meses en que a exposición permaneceu aberta, a entidade cultural puxo á disposición dos centros escolares e mais dos colectivos a posibilidade de asistiren tanto ás visitas guiadas como ás diferentes propostas educativas elaboradas.
Así, para os nenos de infantil e primeiro ciclo de primaria deseñouse Os pingüíns que sabían abrazar; os alumnos de segundo ciclo de primaria e primeiro ciclo de ESO traballaron no obradoiro a Vida salvaxe, mentres que para os de segundo ciclo de ESO, bacharelato, ciclos formativos e colectivos de adultos preparouse a didáctica Wildlife Photographer of the Year 2014.
Relacionadas:
-
'Unha mirada, dous tempos. Pintores de Pontevedra II', nova exposición no Café Moderno ata o 11 de xullo
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot & Daniel Santomé |
-
Os gravados de Dalí, Picasso e Miró chegan a Pontevedra
Por Mónica Patxot |
-
Preto de 1.700 escolares reservaron praza nos obradoiros da exposición Wildlife 2014
Por Redacción |
-
O Café Moderno, máis preto da natureza que nunca
Por Redacción |