Volve o teatro afeccionado ao Museo con "Entre nós, mulleres", de Teatro da Zarabándula
Por Redacción
O Museo de Pontevedra retomará esta fin de semana o seu ciclo de teatro afeccionado. Farao coa representación da obra Entre nós, mulleres. Trátase dun espectáculo creado pola compañía Teatro da Zarabándula.
Haberá unha única función, este sábado 7 de febreiro a partir das 20.00 horas, no auditorio do Sexto Edificio.
O argumento da obra conta a historia de Laura e Leonor, dúas mulleres que viven na mesma cidade e que non se coñece. As súas vidas, os seus traballos e os seus mundos son moi diferentes. Nada teñen que ver unha coa outra... ou polo menos, iso parece.
Dirixida por Toño Pena, a obra está protagonizada polas actrices Chelo do Rejo e Chus Picallo.
A entrada é gratuíta ata completar aforamento.