Máis de mil miradas aos pintores máis emblemáticos de Pontevedra
Por Redacción
A exposición 'Unha mirada, dous tempos. Pintores de Pontevedra II' recibiu a visita de máis de mil persoas durante o tempo que permaneceu aberta no Café Moderno Afundación de Pontevedra, entre o 5 de maio e este venres 10 de xullo.
A exposición, comisionada por Ramón Rozas, centrou a súa temática en doce emblemáticos pintores de Pontevedra trasladando ao visitante como a forma de mirar dos artistas varía en función do tempo, do lugar, das circunstancias persoais do autor e do momento histórico que o rodea.
No Café Moderno puideron visitarse obras de doce pintores pontevedreses dunha mesma xeración, nacidos na década dos cincuenta do pasado século: Olga Martínez, Miguel Pereira, Carmen Domínguez, Antón Sobral, Celso Varela, José Freixanes, Xavier Magalhães, Dores Gálvez, Teresa Brutcher, Rosa Úbeda, Lola Solla e Manuel Dimas. O proxecto expositivo xirou en torno a tres factores fundamentais dos artistas: o coprotagonismo activo das mulleres no ámbito artístico, a creación da Facultade de Belas Artes e a constante presenza do Café Moderno Afundación como espazo creativo.
Afundación deseñou un completo programa educativo elaborado polo seu servizo didáctico.
Relacionadas:
-
Abanca xunta en Pontevedra a maior colección de debuxos do artista coruñés Isidoro Brocos
Por Alejandro Espiño |
-
'Unha mirada, dous tempos. Pintores de Pontevedra II', nova exposición no Café Moderno ata o 11 de xullo
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot & Daniel Santomé |
-
Cen anos de historia de Pontevedra a través de 12 pintores e 24 lenzos
Por Redacción |