O Festival Internacional de Jazz e Blues chega á Ferrería coa voz de Janiva Magness
Por Redacción
Janiva Magness, a cantante de blues e soul de Detroit, regresa a Pontevedra sete anos despois da súa primeira actuación no Festival Internacional de Jazz e Blues. Na noite deste xoves 16 de xullo, ás 22.30 horas, con entrada gratuíta, a artista subirase o escenario da Praza da Ferrería para ofrecer a súa elegante voz ao público que continúa asistindo masivamente aos concertos desta 23 edición do festival como sucedía onte á noite na Praza do Teucro para ver o concerto de Nani García Trío.
Esta cantante foi candidata en 2015 aos premios W.C. Handy Awardsen tres categorías distintas e colaborou con nomes de lenda do blues como Bo Diddley, John Hammond ou Taj Mahal, ademais de artistas tan singulares e coñecidos como Johnny Cash ou Tom Petty.
Na actualidade, Janiva Magness traballa nun ambicioso proxecto centrado na posta en marcha dun musical baseado na súa complicada vida, os seus pais suicidáronse cando ela era adolescente e quedou embarazada aos 17 anos, que terá como basee os temas do seu disco 'Orixinal'.