Aumenta a oferta de actividades para o festival Ameixa Rock 2015
Por Redacción
A asociación Ameixa Rock, en colaboración coa Deputación de Pontevedra e o Concello de Vilagarcía, aumenta a súa oferta para o festival “Ameixa rock”, que terá lugar en Carril o vindeiro 5 de Setembro.
Pola mañá, a partires das dez e media, no "Campo da Ameixa", praia da Cobacha, celebrarase a "I Festa do Futbol Praia", campionato de futbol praia 3x3, onde se poderán apuntar tódolos rapazes que o desexen, tan só hai que ser menor de 14 anos.
Xa pola tarde no "Escenario Liberdade", Praza da Liberdade, teremos a Caxoto contacontos, Peter Punk e, para ir abrindo boca, Back Road en concerto acústico.
E pola noite o prato forte do festival no "Escenario Ameixa Rock", Porto de Carril, estarán Estravagario, de Carril, HEM, de Segovia; Aquelarre, de Vigo e RuxeRuxe de Compostela.
E para rematarla festa o misterioso DJ. Fangueira traerá a súa sesión máis rockeira.