M-Clan fixo vibrar os seus seguidores no segundo concerto da Semana Grande
Por Diego Torrado
Cun son de rock sobrio, clásico e contundente, M-Clan logrou que o público que se achegou durante a noite deste domingo 9 ata a Praza de España gozara do mellor do repertorio desta banda formada por Carlos Tarque e Ricardo Ruipérez.
O grupo interpretou algún dos seus temas máis coñecidos como "Carolina" ou "Quédate a dormir", coreadas polos asistentes a este segundo concerto da Semana Grande das Festas da Peregrina.
Na noite deste luns, a partir das 22.30 horas, ao mesmo escenario se subirá un dos fenómenos mediáticos dos últimos tempos, o mozo cantante, compositor, bailarían e actor gaditano Abraham Mateo.
Este artista de tan só 16 anos presentará o seu último traballo discográfico, "Who I Am", un álbum que vendeu 6.000 copias na primeira semana no mercado cun singre moi pegadizo 'All the girls(A La La) '. A entrada será gratuíta.