As Bandas de Música de Pontevedra e de Salcedo deleitan o público co seu duelo na Ferrería
Por Diego Torrado
O público volveu abarrotar a praza da Ferrería para gozar da música das dúas bandas de música máis representativas da zona, a de Pontevedra e a de Salcedo. Ambas as dúas ofreceron un man a man ante miles de persoas que comprobaron a calidade de ambas as dúas formacións que interpretaron dende partituras clásicas a repertorios contemporáneos.
O escenario da praza será ocupado esta noite do martes 11, a partir das 21.00 horas, por Coribantes que ofrecerán un espectáculo de música e baile tradicional galego.
Esta noite tamén se desenvolverá unha xornada de Cantos de Taberna coas actuacións de Maravallada e Os Regatos en distintas tabernas do centro histórico. Será a partir das 22.00 horas.