Venres de sesións golfas para o ciclo de Ponteatro no Principal
Por Anxo Lourido
Oito compañías de teatro presentarán antes de finais de ano as súas últimas montaxes dentro do ciclo Ponteatro que se desenvolverá no Teatro Principal de Pontevedra, que nesta edición inclúe dous Venres Golfos con funcións a partir das 23.59 horas.
Este xoves 24, a concelleira de Cultura, Anxos Riveiro, presentou a programación na que se establecen seis obras teatrais para os xoves a partir das 21.00 horas.
O 8 de outubro comezará o ciclo coa representación de 'Presidente' de Teatro do Morcego, un espectáculo que ofrece un xogo co espectador sobre a decisión do presidente do goberno de visitar personalmente os votantes nas súas casas para convecerlos de que lle apoien nos comicios.
O 22 de outubro, a compañía Ilmaquinario Teatro ofrece 'Perplexo', dirixida por Perico Asorey, esta obra ofrece unha visión cómica sobre temas esenciais ao ser humano. A montaxe recibiu o premio María Casares ao Mellor Espectáculo 2015.
Os coñecidos Mofa e Befa presentarán 'Bobas & Galegas' o 5 de novembro cun repaso humorístico, escrito por Quico Cadaval, sobre o percorrido dos criados do século de Ouro.
O 19 de novembro, Teatro do Atlántico escenificará 'O principio de Arquímedes', con texto de Josep María Miró Y Cormina.
'Noiteboa' de Redrum Teatro representarase o 10 de decembro cunha repartición formada por Ernesto Chao, Mela Casal e Guillermo Carbajo.
Pechará o ciclo a montaxe 'Waltz' de Voadora o 17 de decembro. Outro traballo desta innovadora compañía que nos ofrece un musical no que a vida se reflicte como un salón de baile.
A gran novidade desta edición leva o nome de "Venres Golfos". E é que o 23 de outubro e o 20 de novembro, o Teatro Principal acollerá dúas funcións teatrais a partir das 23.59 cos montaxes 'Psicópata' de Antón Coucheiro e 'Strpts' de Cinema Sticado. Dous espectáculos que, segundo a concelleira de Cultura, adáptanse a este horario e formato, que busca achegar a novos públicos ao teatro.
Os prezos mantéñense en 8 euros por espectáculo (4 euros para estudantes, desempregados e xubilados). Tamén pode adquirirse o abono para todo o ciclo a un prezo de 48 euros (32 euros para estudantes, parados e xubilados). As entradas poden adquirirse xa en Ataquilla.
Relacionadas:
-
Ponteatro 2015 pecha cun aumento do 60% nos espectadores
Por Redacción |
-
Intriga en vivo nun venres moi golfo no Teatro Principal
Por Cristina Saiz |
-
As 'Bobas & Galegas' de Mofa e Befa divirten o público do Principal entre almofadas
Por Diego Torrado & Anxo Lourido |
-
Mofa e Befa volven ás orixes este xoves con 'Bobas & Galegas' e 160 almofadas no escenario
Por Redacción |
-
Segundo asalto de Ponteatro da man de 'Perplexo', unha comedia delirante e contemporánea
Por Redacción |
-
O 'Presidente' chamou á porta do Teatro Principal para denunciar a manipulación política
Por Diego Torrado |
-
"Presidente" de Teatro do Morcego, primeira cita co ciclo Ponteatro
Por Redacción |
-
Queres gañar un abono para ir ao teatro? Adiviña quen é a protagonista do cartel de Ponteatro
Por Redacción |