'El sastrecillo valiente' pon o broche de ouro á primeira edición do Festival das Cóxegas
Por Redacción & Diego Torrado
A primeira edición do Festival das Cóxegas chegou á súa fin. Fíxoo cun precioso espectáculo musicado con monicreques, El sastrecillo valiente, que representou este domingo no Pazo da Cultura a compañía Títeres Etcétera.
Dirixida por Enrique Lanz, esta nova versión do conto dos irmáns Grimm narra, coa axuda dos monicreques, a historia épica, tenra e graciosa dun xastre que tras ser capaz de matar a sete moscas dun só golpe convértese nun inusual heroe.
Tras contar a súa fazaña, a xente cre que falaba de sete homes e, despois de que a súa historia chegue a oídos do rei, este encárgalle salvar o reino de diferentes perigos: dous xigantes, un xabaril e un unicornio. En recompensa o xastre recibirá a metade do reino e a man da princesa. O valente heroe esforzarase entón en vencer os obstáculos grazas a múltiples astucias e trucos.
Etcétera puxo en escena está obra, unha suite para oito instrumentistas e narrador, con obxectos propios dunha sastrería: patróns, maniquíes, ferros, tesoiras ou rolos de tea.
Con todos estes elementos, a compañía granadina tenta crear un espectáculo que se converta nunha experiencia de goce estético para o espectador, que a maxia teatral, o humor e a temática, unidos á música, provoquen momentos de verdadeira felicidade e reflexión para gozar en familia, como así ocorreu en Pontevedra.
Relacionadas:
-
O Festival das Cóxegas regresa a Pontevedra en novembro con catro novos espectáculos
Por Redacción |
-
A pintura de Joan Miró toma forma de danza e triunfa no Festival das Cóxegas
Por Diego Torrado |
-
Segunda xornada de 'Cóxegas' no Pazo da Cultura cunha boa dose de danza
Por Redacción |
-
The Pinker Tones poñen música en Pontevedra ás aventuras polares de Rolf e Flor
Por Redacción & Cristina Saiz |