A Asociación de Mulleres Intercambio do Saber amosa os seus traballos artesanais
Por Redacción
A Asociación de Mulleres Intercambio do Saber mantén unha axenda de actividades e organiza unha exposición durante os días 6, 7 e 8 de decembro de todos os traballos elaborados ao longo deste ano, que se poderá ver na sala acristalada do Multiusos da Praza de Abastos de Marín.
Todos os traballos foron elaborados artesanalmente polas mulleres do Intercambio e van desde pezas de cestería, traballos de gancho e bordados ata elaboracións con material reciclado como simples bolsas realizadas con teas de paraugas estragados.
Este colectivo realiza actividades durante todos os venres pola tarde no número sete da praza da Veiguiña.
A exposición permanecerá aberta os tres días en horario de 10.00 a 13.00 e de 16.00 a 20.00 horas con entrada libre.