Bo humor e mellor Rock and Roll da man de Wyoming y Los Insolventes
Por Redacción
El Gran Wyoming chegou a Pontevedra onde ten un público fiel e non dubidou en pousar con seguidores que lle pediron unha fotografía portando a camiseta da plataforma de 'Salvemos A Fracha' nos prolegómenos do concerto que ofreceu na Sala Karma durante a noite deste sábado 12, nunha nova cita coa cidade do Lérez, que visitou en varias ocasións durante os últimos anos.
Numerosos afeccionados acudiron ata o coñecido local pontevedrés para gozar dun concerto cargado de bo humor e de rock and roll da man de Wyoming e a banda que agora lle acompaña, Los Insolventes.
Como é habitual nos concertos do coñecido presentador televisivo de 'El Intermedio' da Sexta, a súa actuación serviu para facer un percorrido por algúns dos temas clásicos do rock das últimas décadas tanto internacional como español repasando cancións dende os Ramones ata os vigueses Siniestro Total. Un repertorio que entusiasmou aos seus seguidores.