Música e ballet para dar a benvida a 2016 co concerto de Aninovo de Pontevedra
Por Redacción
A Sala Dorada da Sociedade Musical de Viena é cada 1 de xaneiro foco incuestionable de atención para quen quere empezar a ano da man da música e a cultura, pero os afeccionados xa non teñen que conformarse con acender a televisión e gozalo na distancia, en Pontevedra naceu un novo referente: o Concerto de Aninovo do Pazo da Cultura. Ano tras anos gaña adeptos e calidade e este 2016 o proxecto demostrou que está xa consolidado.
A Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra e o BalletNorte cumpriron coas espectativas e puxeron sobre o escenario unha proposta que, ademais, levou a que os espectadores interactuasen. Deron bo uso, por exemplo, aos cascabeis que acompañaban o programa ao usalos nalgunha das pezas interpretadas.
O concerto estivo baixo a batuta do director convidado Fernando L. Briones e, ademais dos músicos, subiron ao escenario seis bailaríns do BalletNorte que realizaon catro intervencións ao longo do concerto. Así se desenvolveu, aínda que ademais houbo algunha sorpresa da que só puideron gozar os presentes:
I Parte:
M. de Falla: El sombrero de tres picos, (Suite nº1)
N. Rimsky-Korsakov: Capriccio espagnol, Op. 34
II Parte:
J. Strauss Jr.: Die Fledermaus (O Morcego)
J. Strauss Jr.: Annen Polka, Op. 117
J. Strauss Jr.: Kaiser-Walzer, Op. 437
J. Strauss Jr.: Tritsch-Tratsch Polka, Op. 214
J. Strauss Jr.: Perpetuum Mobile, Op. 257
J. Strauss Jr.: Frühlingsstimmen (Voces de Primavera), Op. 410
J. Strauss Jr.: Unter Donner und Blitz (Tronos e Lóstregos), Op. 324