Pepo Suevos, Luis Zahera e Javier Varela pasarán en Pontevedra unha Noite de Retranca
Por Redacción
Tres coñecidos actores galegos, Luís Zahera, Pepo Suevos e Javier Varela convértense o próximo 16 de xaneiro ás 21.00 horas no Auditorio Sede Afundación de Pontevedra nos protagonistas do espectáculo Noites de Retranca, que chega cargado de bo humor despois de cinco tempadas en cartel.
Durante este último lustro, máis de 40.000 persoas viron esta divertida función protagonizada por coñecidos intérpretes como Carlos Blanco, Manuel Manquiña, Camila Bossa ou Cándido Pazó.
Trátase do espectáculo de humor máis visto da historia do teatro galego. Durante case dúas horas, os tres actores ofrecen un monólogo no que intercambian co público as súas experiencias e as súas impresións sobre os temas que acompañan ás vidas cotiás. O espectáculo chegou xa á súa sexta edición e xa percorreu os principais teatros de Galicia e tamén obtivo éxito noutros espazos como o Teatro Liceo de Salamanca e o Teatro Casino de Xixón.
As entradas xa se poden adquirir de maneira anticipada a un prezo de 12 euros a través do servizo de Ataquilla.
Relacionadas:
-
Moncho Borrajo súmase ás 'Noites de Retranca' en Pontevedra
Por Redacción |
-
Última oportunidade para comprar os abonos da nova tempada teatral de Afundación
Por Redacción |
-
A vida cotiá, a vista de retranca con Quico Cadaval e Rober Bodegas
Por Diego Torrado |
-
'Noites de retranca' regresa a Pontevedra con Quico Cadaval e Rober Bodegas como protagonistas
Por Redacción |