Casting para unha webserie pontevedresa
Por Redacción
A webserie baseada na curtametraxe Clases do social a tempo de Pablo Cacheda está máis preto. O equipo de produción xa está buscando actores para participar neste proxecto e por este motivo, o sábado 2 de febreiro o Casino Mercantil acollerá o casting de selección de intérpretes para a webserie.
A produtora pontevedresa busca unha moza entre 22 e 35 anos de estatura baixa, tres mozas de fala inglesa, cinco mozos entre 25 e 30 anos, dez adolescentes con idades comprendidas entre os 15 e os 19, dúas persoas que superen os sesenta anos e figuración de todas as idades.
O equipo está traballando tamén na procura de financiamento para este novo proxecto tras a boa acollida da curtametraxe interpretada por Santi Romay e o actor vilagarcián Carlos Blanco. Á iniciativa tamén sumouse o debuxante colaborador de Pontevedra Viva, Mario Rodríguez, que se encargará de realizar os deseños dos protagonistas.
O casting vai desenvolverse entre as 16 e as 21 horas no Casino Mercantil de Pontevedra situado na Praza Curros Enríquez.