"Desagravio de la derrota", novo libro do escritor pontevedrés Marcus-Daniel Cabada
Por Redacción
O escritor pontevedrés Marcus-Daniel Cabada volve sacar ao mercado un novo libro. Trátase de Desagravio de la derrota, unha colección de relatos que destaca pola expresión da derrota como elemento crucial na existencia. Este segundo traballo literario, composto por nove contos e un ensaio sobre os matices do fracaso, foi publicado polo selo editorial Círculo Rojo.
Marcus Daniel Cabada (Pontevedra, 1995) explica que a lectura dun conto de Borges na adolescencia supuxo o espertar do seu interese pola literatura. A partir de aí, editou en 2013 o seu primeiro libro Triste escarlata, unha novela que se aproxima ao corte lírico e poético coa que gañou varios certames tanto nacionais como internacionais.
Toda unha promesa literaria cuxo estilo define como "singular e inquietante, orientado a través da linguaxe ao desciframiento da complexidade absoluta do ser".
Agora, a súa segunda obra -o seu primeiro libro de relatos-, enmárcase dentro da reflexión sobre a derrota na existencia humana.
De aí, nacen nove contos e un ensaio que manteñen unha relación entre eles. "Os infinitos procesos que conforman unha literatura calquera posúen na derrota o máximo representante do seu espazo, rexistro e consecuencia. É por iso que os personaxes, ou máis ben as conciencias que poden conformar unha persoa propia, son entes e individuos desagraviados, caídos na derrota ou na nada", explica o autor.
As composicións de Desagravio de la derrota non xorden da inspiración, como manifesta o autor, senón da idea de "concentración". Este é o punto de partida da súa prosa, desenvolvida a partir da mitoloxía, o medo, a poesía e a observación da realidade.
Os relatos inclúen "desde azares que suceden nunha mansión, intromisións na perturbada mente dun asasino ou estéticas que son sucedidas nos instantes do desaparecemento, ata procuras de siluetas, asasinatos, instantes últimos nunha guerra ou meros exercicios narrativos
"O fío común que abarca tales dispares composicións é un estilo propio, singular e mediador entre o contemporáneo e o clásico, que adquirín e desenvolvín durante tempos pasados, e que me conducirá nos tempos futuros cara a infinitas composicións", describe Marcus Daniel Cabada.
Nos contos de Desagravio de la derrota coexisten argumentos de distinta índole: un home que se namora dunha silueta cuxa procura posterior carrexaralle o infortunio, o faladoiro nunha mansión que se amolda ao desexo do inquilino, as últimas confabulacións dun soldado avistado polo inimigo, a intromisión no pensamento do perturbado asasino, a infamia sucedida nunha biblioteca, o desexo insidioso cara ás pantasmas, unha historia popular nunha aldea galega da preguerra, a estética que adquire un desaparecimiento, a acérrima conveniencia de enhebrar un asasinato ou un ensaio sobre que contar.
A totalidade dos personaxes, cuxas existencias contemplan o azaroso fin dunha maneira metafísica, son individuos desagraviados e refugados na derrota: algúns singularizan certa aprensión coa morte, outros se achan nela e xa nada esperan, e os máis benévolos se embaucan na batalla contra a intrínseca forza do esquecemento.
Así, todos os actos dignos de premeditación e desagravio que poden residir en calquera vida conflúen coa incitación dos malogrados feitos, a contía e valía da observación ou a ubicuidade da verdade e a mentira, cuxa impunidade sempre resulta nula. E por iso, Desagravio de la derrota é tamén un libro sobre o azar, o amor, o recordo, o desexo, a nenez ou a soidade.