Avelaíña Teatro leva a súa "María Castaña" a Mourente
Por Redacción
A Sociedade Cultural e Deportiva de Mourente inicia este sábado un novo ciclo de teatro. A primeira cita será co grupo Avelaíña Teatro, que presentará ás oito da tarde a súa ópera prima, María Castaña.
A obra pon en escena o enfrontamento de María Castaña, unha muller galega e insubmisa que está entre a realidade e a ficción, con Don Pedro López de Aguiar, bispo de Lugo, nos tempos nos que sopraban os ventos das revoltas irmandiñas.
Nesta obra conxúgase un texto cun coro e, mesmo, cunha coreografía que sorprende.
O guión da obra corresponde a Manuel Ayán e a dirección corre a cargo de Antón Lamapereira.
O elenco da obra, encabezado por Xulio Leal como o bispo e Amparo Urtaza como María Castaña, conta tamén con Menchu González, Xabier Fernández, José Antonio González, Manuel Ayán, Juan Iglesias, Antón Lamapereira e Rita Rivas.
Pola súa banda, o coro está formado por Pepi Gómez, Patricia Puime, Menchu González, Pilar Rodriguez e Lucía Cota.