Un plano guía para coñecer as salas visitables do Museo
Por Redacción
O Museo de Pontevedra vén de poñer en marcha un proxecto piloto para deseñar un plano guía funcional e operativo das salas visitables do Sexto e do Edificio Sarmiento. Para conseguilo, buscase a implicación de aquelas persoas que non coñecen o edificio e acceden ao Museo nunha visita ordinaria.
Os visitantes poderán empregar un plano guía provisional durante o seu percorrido polas diferentes salas; neste plano tamén poderán atopar outro tipo de información adicional como horarios ou prezos. Ao finalizar a súa visita, deberán indicar se lles resultou de utilidade ou tiveron dificultades.
O proxecto piloto céntrase en proporcionar unha orientación clara ao visitante por estes edificios, partindo do principio básico de sinalar cada piso cunha cor que se corresponde coa que se lle asigna nas sinais da sala.
Ata o de agora, realizáronse preto dunha veintena de enquisas, das cales, un 73% declara que o plano é bastante ou moi claro. Cóntanse con versións en galego e castelán, pero está previsto engadir unha versión en inglés, ou mesmo noutros idiomas, cando se elabore a versión definitiva.
PECHE TEMPORAL DA 'SALA CASTELAO'
Durante a última semana de marzo, a 'Sala Castelao 1' permanecerá pechada, debido ás obras para a próxima apertura da exposición 'Castelao Artista, fundamentos do seu estilo. 1905-1020'. A inauguración desta exposición será o 1 de abril coincidindo co Día das Artes Galegas, adicado ao artista rianxeiro.