O Surfing The Lérez amplíase a dous días: 17 e 18 de xuño
Por Alejandro Espiño
A sexta edición do Surfing The Lérez chega cargada de sorpresas e novidades. A máis destacada é que, por primeira vez, serán dous días os que a Illa das Esculturas encherase de boa música. Así o confirman os seus organizadores a través do seu perfil en Facebook. Ao final, o festival celebrarase os días 17 e 18 de xuño.
Xunto con este anuncio, o festival confirma o nome de novas bandas que se suman a un cartel que, como consecuencia do aumento de días, tamén incorporará un número maior de grupos e artistas.
Ata agora, avanzouse que o Surfing The Lérez, o único festival que se celebra ao aire libre en Pontevedra, contaría con Igloo, Jhonander, The Phantom Dragsters, Agoraphobia, Novedades Carminha, Querido Extraño e Thee Blind Crows.
A eses nomes súmase agora a banda compostelá Samesugas, que será un dos grupos que actuará nesta nova data do 17 de xuño.
Tamén presentarán os seus traballos na Illa das Esculturas os vigueses Dixie Town e a madrileños Atención Tsunami.
Ao mesmo tempo que se traballa para completar o cartel, os organizadores de Surfing The Lérez seguen ultimando as actividades paralelas que se celebrarán en Pontevedra os días previos ao festival.
Relacionadas:
-
A cara máis solidaria do Surfing the Lérez: seis toneladas de alimentos para Redeaxuda
Por Redacción |
-
Cinco bandas 'quentan' un Surfing The Lérez que vive este sábado o seu día grande
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
O Surfing the Lérez, a romaría do rock and roll, regresa co "mellor cartel que xamais tivo"
Por Alejandro Espiño |
-
Amaro Ferreiro presenta 'Biólogo' na Sala Karma
Por Redacción |
-
Surfing The Lerez pecha cartel con Terbulatina, Eladio y los seres queridos ou Familia Caamagno
Por Alejandro Espiño |
-
Igloo, Novedades Carminha, Querido Extraño e Thee Blind Crows, ao Surfing the Lerez o 18 de xuño
Por Alejandro Espiño |
-
Surfing The Lérez recolle alimentos ata encher 14 furgonetas para Redeaxuda
Por Redacción |