Teatro escolar en galego para celebrar o mes da lingua
Por Redacción & Mónica Patxot
Coa chegada do mes de maio, regresa o teatro escolar a Pontevedra. Cinco centros educativos da cidade participan durante esta semana na XVIII edición da mostra de teatro Ben Veñas, Maio.
Trátase dunha das actividades que están incluídas dentro da programación de Maio, mes da lingua, organizada pola coordinadora dos equipos de normalización lingüística dos institutos de Pontevedra.
Os primeiros en subir ao escenario do Teatro Principal foron os compoñentes do grupo de teatro Nin Arre nin Xo do IES A Xunqueira 2, que estreou a obra Espida.
Pola súa banda, este xoves foi a quenda de Fábulas do grupo de teatro Fiuncho do IES Luis Seoane e do grupo de teatro do IES Torrente Ballester.
Esta mostra de teatro pecharase este venres 6 de maio con Era unha vez, interpretada polo grupo Skene do IES Valle Inclán; e Asemblea de mulleres, do grupo de teatro do IES Sánchez Cantón.
Relacionadas:
-
A música pon fin ao 'Ben veñas, Maio'
Por Redacción |
-
O berro unánime de 2.000 escolares: "O galego está en nós. Vivámolo!"
Por Mónica Patxot & Natalia Puga |
-
O IES Xulián Magariños de Negreira gaña a final galega do Club de Debate; o IES Luis Seoane, terceiros
Por Redacción |
-
Chega o mes da lingua cunha enchedela de actividades
Por Redacción |