O documental 'El viaje de Carla', anticipo ao Festival Free Live Orgullo Pontevedra
Por Redacción
O Parque dos Gafos acollerá o 9 de xullo o Festival Free Live Orgullo Pontevedra. Como anticipo dentro dos actos de conmemoración do día do Orgullo de lesbianas, gais, persoas transgénero e bisexuais (LGTB), este martes 5 a Casa das Campás acolle a proxección do documental El viaje de Carla, no que se conta a historia da activista Carla Antonelli política e actriz. Unha presentación que promove o Concello de Pontevedra en colaboración coa Vicerreitoría do campus.
O xornalista e director de El viaje de Carla, Fernando Olmeda, presentaba na mañá deste martes este documental que supera en Pontevedra as sesenta proxeccións desde que foi estreado en novembro de 2014.
Olmeda sinalou que este traballo mostra a realidade das persoas transxénero e o caso de Carla amosa o transcorrer da España en branco e negro á da cor co paso de sufrir un encarceramento para ver o inicio do recoñecemento de dereitos nunha sociedade máis igualitaria. Carla pasara 32 anos sen pisar as rúas do seu pobo, Güímar, en Tenerife e o documental conta o que supuxo ese regreso no que se reencontra cos seus recordos e fai balance da súa vida.
A entrada á Casa das Campás para ver a película é gratuíta. A proxección comeza ás 20.00 horas.
Relacionadas:
-
O Flop chega aos centros educativos para promover o respecto cara sexualidades diversas
Por Redacción |
-
O Parque dos Gafos estréase co Festival do Orgullo como espazo para celebración de eventos
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Cinema e electrónica en Pontevedra para o Orgullo 2016
Por Redacción |