Con só catro anos de vida, Portamérica converteuse nunha das citas ineludibles do verán en Galicia. Ata Porto do Molle (Nigrán) trasládanse esta fin de semana os Festivais Rías Baixas para que todos podamos gozar, os días 15 e 16 de xullo, da quinta edición deste festival, unha auténtica e insuperable combinación de música e gastronomía onde converxen os universos de Europa e América.
Portamérica regresa con forzas renovadas, pero fiel á súa filosofía de ofrecer unha completa experiencia de turismo alternativo nas Rías Baixas cun cartel de artistas iberoamericanos de primeiro nivel.
Bunbury, Molotov, Amaral, Love of Lesbian, The Undertones, FM Belfast, Izal, León Benavente, Nortec Collective presents: Bostich and Fussible, Talisco, Pony Bravo, Myles Sanko, Furious Monkey House, Sonido Gallo Negro, Leiden, Amaro Ferreiro, Retrovisor, Eme Dj e Elyella Djs presentarán as súas propostas musicais nos dous escenarios do festival, que levan o nome de dous dos seus patrocinadores: Estrella Galicia e Flooxer.
Os horarios do festival Portamérica son:
VENRES 15
18.10 horas: Dallasgracias
18.50 horas: Australia
19.20 horas: Amaro Ferreiro
20.10 horas: Sonido Gallo Negro
21.10 horas: Pony Bravo
22.20 horas: Izal
23.40 horas: Amaral
01.00 horas: FM Belfast
02.00 horas: Molotov
03.10 horas: Nortec Collective presents: Bostich and Fussible
04.25 horas: Eme DJ
SÁBADO 16
18.30 horas: Retrovisor
19.25 horas: Myles Sanko
20.15 horas: Leiden
21.15 horas: Furious Monkey House
22.00 horas: Bunbury
23.20 horas: The Undertones
00:20 horas: Love of Lesbian
01.40 horas: Talisco
02:25 horas: León Benavente
03.40 horas: ElyElla DJs
SHOWROCKING CON 20 CHEFS
Unha das grandes apostas de Portamérica volverá ser a gastronomía. Ningún outro festival é capaz de ofrecer unha fusión perfecta entre ritmo e cociña: un showrocking a cargo de 18 chefs internacionais con oito Estrelas Michelin e con ampla representación galega que, comisionados por Pepe Solla, farán gozar aos asistentes con petiscos únicos creados especialmente para o festival. Ademais, resérvanse grandes sorpresas.
Os cociñeiros que participarán nesta zona gastronómica son Juanjo Pérez (Cocinandos, León), Roberto Ruiz e María Fernández (Punto Mx, Madrid), Javier Olleros, (Culler de Pau, O Grove), Yayo Daporta (Yayo Daporta, Cambados), Iván Domínguez, (Alborada, A Coruña), Diego Gallegos, (Sollo, Fuengirola), Julio Sotomayor e Daniel Guzmán (Nova, Ourense), Estanis Carenzo (Chifa, Madrid), Edgar Núñez (SUD777, México DF), Manuel Núñez (Arume, Barcelona), Javier Estévez (La Tasquería, Madrid), Lucía Freitas e Nacho Tierno (A Tafona, Santiago), Héctor López (España, Lugo), Álvaro Villasante (Paprika, Lugo), Diego López (La Molinera, Lalín), Iago Pazos (Abastos 2.0, Santiago) e Iago Castrillón (2 Estaciones, Valencia).
Portamérica completa a súa oferta cunha nova edición do Mercado de Talentos, un espazo pensado para que deseñadores e creadores poidan dar a coñecer os seus produtos nun ambiente dinámico e diferente. Un ano máis, haberá unha zona onde ver e comprar produtos singulares froito do talento dalgúns dos máis interesantes deseñadores e creadores galegos no ámbito do a moda, a estética ou a arte.
PortAmérica, un dos sete encontros agrupados baixo a marca Festivais Rías Baixas, ofrece tamén aos asistentes a posibilidade de acampar na zona habilitada, así como varias liñas de autobuses gratuítos para se desprazar a Porto do Molle desde Vigo, Pontevedra e o Val Miñor.