Santa María de Xeve ábrese á música máis nova con Son-Paf!
Por Redacción
Nace un novo Festival de Música, o Son-Paf!, un evento que se desenvolverá no Centro Cultural de Santa María de Xeve durante os días 20 e 26 coa participación de catro grupos de pop e folk e as actuacións de cinco solistas e un dúo de música art.
Este xoves presentábase no Concello de Pontevedra a primeira edición deste festival que ten entre as súas intencións achegar diferentes estilos musicais ao rural. Algúns destes intérpretes xa actuaron no estranxeiro aínda que aínda non contan con suficiente repercusión en Galicia.
Bernardo Hermida, Nerea Rodríguez, Julio Hermida e Álvaro Rodríguez explicaron acompañados pola concelleira de Cultura, Anxos Riveiro, as dificultades que lles supuxo lograr grupos que realicen música folk porque a pesar de que moitos mozos interpretan música tradicional son poucos os que se achegan á música folclórica.
O sábado 20 de agosto actuarán a partir das 20.00 horas os grupos Díghocho mañá, The Folkies Celtas, Jules Hermida e Stock. O venres 26 de agosto, a partir das 20.30 horas, subiranse ao escenario para interpretar música art, conocida popularmente como clásica, Marina Hermida, Álvaro Beiró, Nerea Rodríguez, Alba Reirís, Fabio Catania e o Dúo Fírveda, cun maratón musical previo no que se traballará a posta en escena dos artistas e a maneira de transmitir a música ao público.
A entrada a todas as actividades do Festival Son-Paf! será gratuíta.