Pop Symphonic chega a Pontevedra co seu espectáculo musical da década dos oitenta
Por Redacción
O auditorio da Sede Afundación Pontevedra acollerá o vindeiro 4 de decembro, ás 18.00 h, o espectáculo musical Pop Symphonic.
Con voces en directo e música da Cinema Symphony Orchestra, reinterpretaranse míticos temas dos clásicos favoritos da música pop das décadas dos anos oitenta e noventa.
As entradas xa están dispoñibles a través das canles habituais de comercialización da entidade: mediante a web de Ataquilla.com ou no teléfono 902 504 500.
O ESPECTÁCULO
Pop Symphonic proponse revivir os clásicos da música pop a través da reinterpretación e arranxos da Cinema Symphony Orchestra.
No concerto soarán temas de Michael Jackson, Tina Turner, Donna Summer, Anita Ward, The Bee Gees, Tom Jones, Whitney Houston ou Roxette, entre moitos outros.
Unha oportunidade para os oídos de todos os nostálxicos dunha época de movida, cardados, ombreiras e, sobre todo, boa música.