Xa se poden recoller invitacións para asistir á representación de 'El manantial'
Por Oskar Viéitez
O grupo Sa Boira representará no auditorio de Afundación o próximo día 1 de abril a obra El manantial, escrita polo dramaturgo irlandés John Millington Synge.
Sa Boira é unha compañía de teatro creada en 1987 e pertencente á Organización Nacional de Cegos Españois (ONCE). En 2013 obtiveron o Premio Max Afeccionado por toda a súa traxectoria teatral.
Esta función forma parte da programación de representacións teatrais que se celebrarán en distintas cidades galegas entre o xoves 30 de marzo e o domingo 2 de abril, con motivo da celebración en Galicia da XVI Bienal de Teatro ONCE.
Do mesmo xeito que ocorre coa compañía que actua en Pontevedra os sete grupos restantes que participan nesta bienal están integrados na súa maioría por actores e actrices cegos ou con discapacidade visual grave.
Todas as funcións teñen carácter gratuíto. Segundo informou José Ángel Abraldes, director do Centro de Recursos Educativos da ONCE en Pontevedra, as invitacións xa poden recollerse na sede da ONCE en Pontevedra, na rúa Augusto González Besada numero 15, de luns a venres de 9 a 14 horas.
SINOPSE
A obra El manantial conta a historia dun matrimonio de esmoleiros cegos, Martín e Mary Doul, que viven das esmolas da xente do pobo e están orgullosos da súa suposta beleza. Cando un santo devólvelles as vista grazas á auga dunha fonte milagrosa, eles sepáranse.
A obra propón ao espectador unha serie de preguntas significativas sobre o valor da ilusión e o engano, como mecanismos de supervivencia nas nosas vidas.